Un Ravachol feminista sucumbe ao lume para despedir o Entroido de Pontevedra
Adeus ao Entroido. Tras nove intensos días, a festa chegou á súa fin. Fíxoo coa tradicional despedida ao noso personaxe máis entrañable: o Loro Ravachol. As súas cinzas son xa o único que queda del. Polo menos, ata o ano que vén que, sen ningunha dúbida, regresará con forzas renovadas para divertirse con todos os pontevedreses.
Xusto un día despois das históricas mobilizacións do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Ravachol foi incinerado. A Praza da Ferrería foi o escenario no que sucumbiu ao lume. Iso si, presumindo ata o último momento da súa vestimenta: unha túnica morada, o lazo violeta pola igualdade e as súas lemas contra o machismo.
Horas antes, desde as seis da tarde, a Praza da Verdura acolleu o velorio de Ravachol. Centos de persoas, vestidos de loito rigoroso, acudiron ata alí para despedirse e presentar os seus respectos.
O cortexo fúnebre, como é habitual, percorreu as rúas San Román, Paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Isabel II, Real, Sarmiento e Pasantería, antes de chegar á Praza da Ferrería, onde todo estaba disposto para a queima do loro.
Na súa despedida, ademais dos pontevedreses que lle acompañaron, Ravachol contou cun gran séquito formado polas comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Miúdos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo, Os da Caña e As Sonecas.
Relacionadas:
-
Pontevedra acolle, un ano máis, o foro de referencia en Galicia sobre o Entroido galego
Por Redacción |
-
As murgas amenizan a sesión vermú na recta final do Entroido de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A irreverente Mostra da Parodia enche de bo humor as rúas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Por terceiro ano consecutivo, Os do Val do Lérez vencen na final de Murgas
Por Diego Torrado & Redacción |