Sorprenden dúas veces, en apenas dúas horas, unha muller de Sanxenxo conducindo ebria
Por Redacción
Non unha senón dúas veces foi identificada unha muller de 35 anos, veciña de Noalla (Sanxenxo), conducindo baixo os efectos do alcol.
Segundo informou a Garda Civil, a condutora foi sorprendida ás 10.45 horas deste sábado por unha patrulla que observou como circulaba a gran velocidade pola PO-550, en Cambados. Ao ver que os axentes a seguía mesmo incrementou máis a velocidade.
Tras ser interceptada deu unha taxa de 0.75 mg/l, tres veces máis do límite legal establecido.
Apenas dúas horas despois, a pesar de que se lle inmobilizara preventivamente o vehículo, foi sorprendida novamente cando circulaba co mesmo coche pola estrada PO-504. Nesta segunda ocasión, o positivo foi de 0.45 mg/l.
A condutora foi denunciada novamente pola segunda alcoholemia positiva e por quebrantar a medida cautelar de inmovilización do vehículo, do que se tivo que facerse cargo outro condutor.
Esta muller enfróntase agora en vía administrativa a unha sanción económica de 700 euros e a perda de oito puntos e, penalmente, a unha condena de prisión de tres a seis meses.
Ademais, terá prohibido conducir vehículos a motor e ciclomotores por un espazo que, segundo fixe a xustiza, oscilará entre un e catro anos.