Sanxenxo destina máis de 400.000 euros a melloras no rural
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo destina 361.175 euros ao asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga e outros 83.467 euros á colocación de 81 novos puntos de iluminación pública no rural.
Trátase de proxectos que ten unha adxudicación máis áxil e directa xa que ao non superar os 50.000 euros por cada actuación non esixen un proceso de licitación completo.
Está programado o asfaltado de camiños en Arra, a contorna de Outeiro e Dorrón, e a instalación de reductores de velocidade así como o asfaltado de pistas en O Castro, Asturiana-Gondar, Pontes-Soutullo (todas elas na parroquia de Noalla); outra pista na Bruñeira, Lagarei (Vilalonga); en Canelas, na pista de entrada a Catadoiro e a de Catadoiro-depuradora de Paxariñas (todas elas en Adina), e o asfaltado dunha pista en Lavadoiro Reis-O Pazo (Padriñán).
Tamén se canalizarán as augas pluviais en Fonte de Ons e A Lanzada, e acometerase o saneamento en Touticeira e o abastecemento en Fonte de Ons-A Revolta, todas estas obras na parroquia de Noalla.
Na parroquia de Nantes dotarase de saneamento a Buezas e tamén se instalará o colector do saneamento en O Revel, Vilalonga. Igualmente canalizaranse as augas pluviais en Forxán-Vinquiño, en Padriñán.
En canto aos novos puntos de luz estarán situados nos tramos Adina-Arra, Arra-Aios, Paxariñas-Catadoiro, Rial-Xesteiriña, Os Pasales, Piñeiros-Rouxique e Ricardo Santos - colexio A Florida, nos que se fará unha reparación das luminarias xa existentes.