Investigan o atropelo dunha muller que resultou ferida en Combarro
Por
A Policía Local de Poio investiga o atropelo dunha muller, de 38 anos de idade. O accidente rexistrábase cando a vítima, traballadora en Poio, tentaba cruzar un paso de peóns na Avenida Costa, en Combarro, ao redor das 11.10 horas deste venres 8 de marzo.
Un vehículo que circulaba en sentido a Sanxenxo procedente de Pontevedra paraba para cederlle o paso, pero o turismo que lle seguía impactou por detrás co coche que se atopaba parado e, como consecuencia, atropelaba á muller.
Os axentes investigan se o condutor do vehículo que impactou por detrás non prestaba a debida atención á condución e se mantiña a debida distancia de seguridade.
A muller atopábase ferida e foi trasladada por unha ambulancia ao Hospital con prognóstico reservado.