Propoñen unha UTE para rehabilitar o Pazo de Quintáns
Por Redacción
Despois do proceso de licitación, a mesa de contratación propuxo á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Ramírez, Abal e Revivis como empresas adxudicatarias das obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns para convertelo nun museo do patrimonio cultural.
Agora, teñen un prazo de sete días para presentar a documentación requirida e así poder facer efectiva dita adxudicación. O orzamento final da obra, supoñería unha baixada de 100.000 euros, con respecto ao orzamento de licitación, que quedou en 1.819.304 euros.
Na planta baixa do edificio principal instalaranse unha tenda, oficinas e o recibidor principal das instalacións e, na planta superior, acondicionaranse cinco salas. Unha delas será un miradoiro galería. Haberá dúas salas de exposicións permanentes e unha de exposicións temporais. Ademais, tamén se acondicionará unha sala de proxeccións.
Nos edificios auxiliares, destacan as salas de arqueoloxía e o establecemento de restauración.