Elevada participación no concurso internacional da camelia
Por Redacción
Malia o temporal destes días, as mellores camelias da provincia e do país estarán presentes esta fin de semana no Recinto Feiral de Pontevedra. No prazo establecido foron 42 as persoas produtoras de camelia que se inscribiron para participar e expoñer no LV Concurso Exposición Internacional da Camelia.
A xefa de servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro (EFA), Carmen Salinero, explicou que o principal problema no deterioro da flor foron as elevadas temperaturas nos últimos días do mes de febreiro e a isto houbo que engadirlle que os ventos e a choiva do temporal Laura, que contribuíron a prexudicar as flores abertas.
De cara o sábado pola mañá, Salinero considera, pola súa experiencia, que "a floración de hoxe e de mañá será suficiente para encher a exposición de flores e de cor".
Pola súa banda, a deputada delegada da EFA, Eva Vilaverde, salientou que esta exposición "xa está totalmente consolidada máis aló de condicións atmosféricas adversas e de contratempos puntuais".
As 42 persoas participantes accederán ao Recinto Feiral a partires das nove da mañá para proceder a colocar as flores e composicións florais nos espazos reservados para cada unha, labor que deberán ter rematado ás 13 horas.
A partires desa hora e ata as 17:30 horas, as persoas que compoñen o xurado pasarán revista á flor que concorre a concurso e procederán ás deliberacións oportunas para outorgar os premios nas diferentes categorías establecidas nas bases.
Relacionadas:
-
O concurso internacional da camelia congrega a público de toda España, Portugal, Francia e China
Por Redacción |
-
Un cultivador de Fene, premio Camelia de Ouro no concurso internacional de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O aroma e as cores vivas da camelia namoran o público no concurso internacional de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Esculturas de Cándido Pazos premiarán as mellores camelias no concurso internacional de Pontevedra
Por Redacción |
-
A asociación de Amigos do Camiño Portugués inaugura o Bosque das Camelias
Por Redacción |
-
Un escaparate photocall na Michelena achega a camelia ao centro urbano
Por Almu Dapena & Victoria Regueira |
-
Pontevedra acollerá o 9 e 10 de marzo o Concurso Exposición Internacional da Camelia
Por Oskar Viéitez |