Os mellores proxectos científicos de Secundaria e FP poderán verse en Forestais a finais de maio
Por Almu Dapena
Coincidindo coa celebración da sexta edición de Pontenciencia, feira de ciencia escolar que se realiza en Pontevedra, regresa a II Edición de Premios deste evento, dirixida a estudantes de Secundaria e Formación Profesional (FP) nos que contan coa colaboración da Universidade de Vigo.
Na presentación realizada na mañá deste xoves, Carmen Fouces, concelleira de Educación, avanzou unha novidade para esta edición. Este ano, en lugar de participar catro empresas do sector empresarial de Pontevedra, participan cinco. A Hifas da Terra, Cristalería Pontevedresa, Orballo e SETGA únese Viaqua, e outorgarán premios de 300 euros cada un.
Outra novidade é que o comité de avaliación é diferente entre os escolares de primaria, e os de Secundaria e FP, onde avaliarán persoas pertencentes ao mundo da enxeñería. Por outro lado, as categorías para presentar os traballos seguen sendo as mesmas que o ano anterior ao tratarse de tres seccións: a grupal, a individual e a do centro educativo.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo destacar a importancia de potenciar a ciencia no ensino e completar a formación dos escolares non só na universidade, e afirmou que "se non hai investigación e innovación, malamente poderemos competir internacionalmente".
A sexta edición da Feira Pontenciencia celebrarase os días 31 de maio e 1 de xuño na Escola de Enseñería Forestal do Campus de Pontevedra. A inscrición estará aberta ata o 3 de maio e poderá realizarse enviando un correo a educacion@pontevedra.eu
Relacionadas:
-
Só dous ciclos de FP teñen as prazas esgotadas antes do peche do segundo período de matriculación
Por Manu Otero |
-
Experimentar coas propias mans para descubrir os segredos da ciencia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontenciencia 2019 sacará á luz 47 proxectos de investigación elaborados durante este curso
Por Redacción |
-
Cinco científicas galegas de renome reivindicarán en Pontevedra un papel destacado da muller na ciencia
Por Redacción |
-
340 estudantes e docentes participan nunha nova edición de Pontenciencia
Por Redacción |
-
Pontenciencia ou como lograr a conclusión unánime "a ciencia mola"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os científicos do mañá participan na feira final de Pontenciencia
Por Redacción |