Cuntis súmase á eliminación das bolsas de plástico
Por Almu Dapena
Con motivo de protexer o medio ambiente e de promover o comercio local, o Alcalde de Cuntis, Manuel Campos, entregou o pasado mércores tres mil bolsas reutilizables ás tendas de Cucova (Cuntis Comercial Vila Aberta) e Cuntis.
Baixo o lema "Coidemos do medio ambiente, reduce, reutiliza, recicla", queren contribuír á eliminación das bolsas de plástico e así apoiar a nova normativa sobre bolsas de plástico en comercios para así limitar o seu consumo e axudar ao medio ambiente.
Ademáis, facendo esta iniciativa, o Concello pretende dar un impulso á actividade económica local colaborando na súa difusión e animando á xente a comprar no comercio de Cuntis.