Un concerto de Tony Lomba amenizará a próxima Sétima Feira
Por Redacción
Volve a Sétima Feira. Como cada segundo sábado de mes, a primeira planta do mercado de abastos convértese nun punto de encontro para creadores locais. E todo iso acompañado dunha ampla programación lúdica para nenos e maiores. Esta nova edición será este sábado día 9, a partir das once da mañá.
Desta volta, un concerto do artista galego Tony Lomba será un dos grandes atractivos. Actuará a partir das 13.00 horas. A oferta musical inclúe unha sesión DJ a cargo de Sr. Fiuza.
A parte infantil tamén é un dos reclamos da Sétima Feira. Nesta ocasión a cativada descubrirá o coidado do corpo, a orixe dos bailes, como improvisar e fabricar o seu propio estilo practicando danza contemporánea, africana, break ou hip-hop.
A entrada aos obradoiros é de balde previa inscrición no enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada na praza.
Os postos que participarán nesta Sétima Feira serán Ana Redmoon, Belén Diz e Paulacheshire, Creaciones con Ángel, Graphics Project, Hipsterkids, Mamaié, Nené son joyas, Paseloquepase, Patas de peixe editora, Peixe de plata, Raralia, Sofía Camba, Somosocénano e Son D`Iria.
A zona gastronómica contará, nesta ocasión, coa iniciativa da empresa pontevedresa Cookela Catering.