A mellora da estrada entre Ponte Caldelas e Laxoso, licitada por 650.000 euros
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través do departamento de Infraestruturas e Mobilidade, vén de licitar a actuación que avanzará na demandada reforma da estrada PO-234. Trátase do treito entre Laxoso e Ponte Caldelas. Este proxecto está valorado en case 650.000 euros.
As empresas interesadas na realización desta actuación, que ten un prazo de execución duns oito meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 1 de abril
O proxecto prevé a actuación no tramo de 2,16 quilómetros, desde o final da travesía de Ponte Caldelas, no punto quilométrico 0+420 ata a entrada da travesía de Laxoso, no punto quilométrico 2+580
Esta actuación define a ampliación da calzada, que actualmente ten entre 5 e 5,5 metros, ata acadar un ancho de 7 metros, e pequenas rectificacións de trazado. Ademais executaranse cunetas tendidas de seguridade nos tramos nos que se precisen, aproximadamente nuns 1,6 quilómetros da estrada.
Trátase da segunda fase da reforma desta estrada, que xa foi acondicionada entre Aguasantas e Portasouto no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.
SATISFACCIÓN NO CONCELLO
Tras coñecerse o anuncio da licitación, o Concello de Ponte Caldelas mostrou a súa satisfacción polo avance do proxecto, chamado a resolver un punto negro para a seguridade viaria.
Ademais, manteñen a proposta de convenio, realizada hai xa máis de dous anos, pola que Ponte Caldelas comprometíase a transferir á Xunta o importe das expropiacións, valoradas en proxecto en 29.800 euros, para axilizar as obras.
Ponte Caldelas avanza que, en todo caso, continuará pedindo que se aproveite esta obra para construír unha senda peonil entre Laxoso e Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
Prevén iniciar en setembro a reforma da PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
Numerosas empresas compiten polas reformas de dúas estradas en Sanxenxo e Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
O levantamento topográfico na PO-234 anticipa o comezo dunhas obras longamente demandadas
Por Redacción |
-
A Xunta inicia as expropiacións para a mellora da PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pide á Xunta incluír unha senda peonil e ciclista na PO-234
Por Redacción |
-
A Xunta avanzará na licitación da reforma da PO-234 antes de que remate o ano
Por Redacción | Creada e actualizada