Marín aproba a súa oferta de emprego público con oito prazas
Por Redacción
A xunta de goberno local de Marín aprobou a oferta de emprego público para o exercicio 2019 coa convocatoria de oito prazas de distintos departamentos.
Trátase dunha praza de peón, unha praza oficial mecánico-condutor, unha praza de auxiliar administrativo e tres prazas de axente da Policía Local. Para estas vacantes aplicarase o procedemento de selección por concurso oposición e convocatoria libre.
Pola súa banda, desde a administración municipal, precísase que para a praza de inspector de Policía Local e oficial albanel prevese a aplicación dun sistema de selección por concurso oposición, pero a través dunha promoción interna.