Unha hora de "apagón" en Sanxenxo polo planeta
Por Redacción
Sanxenxo sumarase o vindeiro sábado 30 de marzo, de 20.30 a 21.30 horas, á "hora do planeta 2019". Segundo informou o goberno local, esta acción leva a cabo "para demostrar que somos parte da solución ao cambio climático e á perda da natureza".
Así pois, durante esa hora, permanecerán apagadas as luces do Paseo de Silgar, Rúa Madrid, Porto Deportivo, Vicaño, Paseo de Baltar e Rafael Picó.
Xa forman parte do movemento de defensa da natureza miles de cidades de 188 países que apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios icónicos, unindo a cidadáns, empresas, concellos e institucións para, entre todos, "cambiar o cambio climático".
Na súa edición de 2019, o movemento a Hora do Planeta conta con tres importantes retos. Día sen carne, día sen plástico e día sen emisións.