O espazo de xogos infantís do Parque Eguren crecerá máis do dobre
Por Oskar Viéitez
O parque infantil do Eguren pasará de ter 112 metros cadrados a 290. O orzamento de adxudicación á empresa Jardincelas para levar a cabo esta ampliación é de 93.000 euros. Debido ás obras permanecerá pechado ata a Semana Santa, data na que se espera que estén rematados todos os traballos.
A ampliación o espazo de xogo do parque era unha petición permanente debido á gran afluencia de rapaces que o deixa pequeño e a que ten unha utilización moi intensa.
O Concello de Marín está a levar a cabo unha serie de actuacións para renovar diversas zonas de esparexemento no municipio, con especial atención ás zonas de xogos e parques infantís, tanto no núcleo urbano como no rural, co fin de mellorar os equipamentos, dotándoos de novos xogos e tamén para adaptalos ás normativas de seguridade vixentes.
Dentro desta liña de actuacións, traballouse no parque Eguren na substitución da actual zona de xogos existente, que ademais de non presentar un bo estado de conservación, quedou desfasado tanto polas súas dimensións como pola tipoloxía e calidade dos xogos actualmente instalados.
O goberno local asegura que esta renovación do parque representa "unha mellora importante" para os nenos, que poderán dispoñer dunha nova área de esparexemento nunha zona moi concorrida do centro urbán de Marín e gozando dun espazo "máis seguro, cómodo e agradable".
Retiraranse todos os elementos que conforman o parque infantil existente, valado, xogos ou pavimentos, deixando o espazo preparado para realizar a nova instalación.
Relacionadas:
-
Marín dobra o espazo de xogos infantís no Parque Eguren e dignifica a rúa do Tombo
Por Redacción |
-
Este Xoves Santo ábrese a zona de xogos infantiles do Parque Eguren
Por Oskar Viéitez |
-
Silva e Ramallo apostan pola "boa relación institucional" coa mellora de Concepción Arenal e do Parque Eguren
Por Redacción |
-
Máis de 161.000 euros para remodelar a área infantil do parque Eguren
Por Redacción |
-
Ampliación e renovación para a zona infantil do Parque Eguren
Por Redacción |