21 persoas serán contratadas polo Concello para Obras e Servizos
Por Redacción
O Concello do Grove procederá a contratación de persoal para traballo en obras e servizos municipais, despois de que a Deputación de Pontevedra resolvera a concesión da subvención para contratar persoal que se atopa en situación de desemprego e que estea inscrita no Servizo Público de emprego ( SPEG).
A Deputación achega 177.651 euros, que permitirá a contratación de 21 persoas para a realización de obras e servizos de interese social. As prazas que se convocan son a xornada completa e por períodos de 5 a 6 meses.
O goberno local ten previsto contratar 9 peóns de obras, un carpinteiro, tres peóns forestais, 2 de xardinería, un auxiliar administrativo, tres condutores de camión e dous auxiliares de turismo.
Os procesos de selección acometeranse a través da Oficina de Emprego de Cambados e para a contratación atenderase ás características das persoas candidatas en relación con cada unha das prazas que se ofertan.