A Policía da consellos ás personas maiores: "en Internet cualquiera puede ser estafado"
Por Natalia Puga
A Policía Nacional puxo en marcha en Pontevedra o Plan Maior Seguridade, deseñado polo Ministerio do Interior para a prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Este xoves beneficiáronse do programa os usuarios do centro socicomunitario da Xunta de Galicia na Alameda, 35 persoas que se achegaron aos riscos, que entraña Internet para o colectivo.
A responsable de Participación Cidadá da Comisaría de Pontevedra, Ruth Martín, foi a responsable da actividade e explicou aos asistentes que "a nivel de usuario en Internet cualquiera puede ser estafado, desde el más pequeño hasta el más mayor. Sí, tienen riesgo como cualquier otro".
Segundo explicou Ruth Martín, a charla enmárcase no Plan Maior de Seguridade, pero responde á petición da directora do centro de maiores da Alameda, Paqui Canal. O programa inclúe charlas relacionadas con temas diversos como a seguridade na vía pública, nas viaxes, no domicilio, no banco ou na Internet, pero optaron polos riscos asociados á Rede porque os maiores do centro "están haciendo cursos de informática ya y se lo piden a menudo, demandan saber un poco más, para ellos y para sus nietos también porque los niños hablan de cosas que ellos no entienden: el facebook, el chat...".
Segundo a inspectora da Policía Nacional, as persoas maiores adoitan comentar no centro que "tienen un poco de miedo porque ven en la prensa noticias sobre pornografía infantil, todo tipo de delitos, estafas... y se sienten un poco indefensos". Esta sensación de indefensión vénlles "porque ya no controlan el ordenador y las nuevas tecnologías y, para más INRI, todos esos delitos cometidos a través de Internet".
"Voy a ponerlos un poco al día, para que se pongan al día ellos y para que le echen una mano a sus nietos porque seguramente se queden a su cargo",indicou Ruth Martín antes da conferencia impartida no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra. Esta información levarana tamén nas próximas semanas a outros colectivos e asociacións veciñais.