Denuncian a escaseza de servicios de atención pediátrica en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O grupo municipal socialista de Cerdedo-Cotobade denuncia a situación grave que se vive neste municipio en relación co servizo de Pediatría. As familias que precisan deste servizo só dispoñen dun pediatra no Centro de Saúde de Tenorio onde se atende unicamente catro días á semana.
En Carballedo eliminouse a figura do pediatra e os menores que teñan ese centro sanitario de referencia deben desprazarse ata o Concello de Forcarei para ser atendidos a pesar de que Cerdedo-Cotobade conta con tres centros de saúde. No caso de Cerdedo, o centro sanitario é un Punto de Atención Continuada (PAC) que ofrece servizo durante as 24 horas todo o ano.
Lina Garrido, portavoz dos socialistas, móstrase preocupada pola situación sanitaria no municipio e reclama unha ambulancia para o PAC de Cerdedo, ao entender que en caso de accidentes ou de urxencias, a veciñanza non conta garantías de que se cumpran cos tempos de resposta para salvar unha vida.
Tamén critica a listaxe de espera que se rexistra no centro médico de Tenorio, que conta cun só médico e vese superado pola elevada afluencia de pacientes. Garrido culpa ao presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela por permitir que se reducisen os servizos sanitarios.