O mal tempo obriga a aprazar o desfile do Entroido de Marín ao mércores 6
Por Redacción
O goberno local de Marín decidía ao redor das 14.00 horas suspender o Gran Desfile de disfraces e carrozas previsto para a tarde deste domingo. Segundo comunicaba a través de redes sociais, as previsións meteorolóxicas obrigan a adoptar esta decisión. Agárdase unha xornada de chuvia e vento ao longo da tarde.
O desfile trasládase ao próximo mércores 6, segundo anuncian desde o Concello de Marín. Se as condicións meteorolóxicas permíteno, a comitiva sairá a partir das 17.00 horas desde a praza de O Regueiro e finalizará no Parque Eguren, neste espazo levará a cabo a entrega de premios aos gañadores dos concursos de disfraces.
Relacionadas:
-
A Sardiña xa descansa en paz en Marín
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Volven adiar o desfile de Entroido en Marín pero mantense o Enterro da Sardiña para este mércores
Por Redacción |
-
Os chuvascos intermitentes e a inestabilidade meteorolóxica marcarán o tempo desta semana
Por Redacción |
-
Suspenden o desfile do Entroido de Poio por causas meteorolóxicas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |