Sanxenxo inaugura unha nova oficina de turismo en O Vinquiño
Por Redacción
A directora de Turismo de Galicia Nava Castro, o alcalde Telmo Martín inauguraron este sábado a nova oficina de turismo que se instalou á entrada do municipio. En concreto, as instalacións están situadas na rotonda que enlaza a estrada PO-504 (comunica Sanxenxo con Vilalonga) coa autovía do Salnés. Trátase dun deseño moderno en aceiro e cristal, moi luminoso e accesible para os visitantes.
Segundo explicou Nava Castro, a instalación desta nova oficina é o resultado dun convenio asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo e responde a unha estratexia de mellorar a información nun destino que ten como obxectivo crecer ao longo do todo o ano.
O orzamento da nova oficina de turismo foi de 74.000 euros, e o proxecto consistiu na construción desta oficina, accesible cun punto de atención ao visitante, espazo de venda de merchandinsing e unha sala de reunións.