Reapertura ao tráfico na PO-230 Serrapio-Vichocuntín este sábado tras 45 días en obras
Por
Este sábado 2 de marzo abrirá ao tráfico da estrada autonómica PO-230 entre Serrapio e Vichocuntín. Así o anunciaba o presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
Foi necesario cortar a estrada durante 45 días para afrontar estes traballos, que contan cun investimento por parte da Xunta de Galicia de máis de 600.000 euros, afecta a un tramo de 1.780 metros de lonxitude e caracterízase pola súa estreiteza que será corrixida cos desmontes realizados e o incremento de ata dous metros de ancho na vía.
Nos meses que restan para finalizar esta obra, os vehículos poderán circular ao mesmo tempo que se rectifican os trazados das curvas perigosas, se contruyen grandes muros de contención para garantir a seguridade e renóvase a sinalización, entre outras actuacións.