Cuntis revisa as súas redes de saneamiento
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis está a acometer labores de inspección e mantemento nas redes de saneamento da rúa Circunvalación e na rúa da Igrexa.
Os traballos consisten na limpeza xeral de colectores e a súa inspección dado que había queixas dos veciños e establecementos comerciais dado que os colectores producían cheiros.
Os servicios municipais limparon en varias ocasións ditos colectores e non foron capaces de detectar a avaría , polo tanto o concello recurriu aos servizos da empresa Espina y Delfín para revisar dito colector cunha cámara de vídeo, detectándose que estaba obstruido con materiais de obra.
Xa se procedeu á súa limpeza e comprobouse que está en perfecto funcionamento.
Ao mesmo tempo comprobouse a legalidade das acometidas para saber se están dadas de alta correctamente e revisouse a rede de pluviais para detectar posibles verteduras á rede de saneamento.