A Xunta instalará lombos na travesía de Alende, en Moraña
Por Redacción
O Concello de Moraña vén de conseguir o compromiso de execución do proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía da estrada autonómica PO-221 en Alende, na parroquia de Santa Xusta, cunha actuación centrada no estreitamento de carrís, a colocación de pasos elevados e nova sinalización tendente a reducir a velocidade.
Esta actuación, orzamentada en 48.000 euros e cun prazo de execución de dous meses, vai centrarse nun treito de 810 metros que rexistra un tráfico de preto de 3.000 vehículos diarios e onde se ten detectado unha velocidade media moi elevada tendo en conta o gran tránsito de veciños.
Ademais, na zona existen diversos pasos de peóns, pero son pouco percibidos polos condutores, polo cal trazouse o obxectivo de reducir a velocidade dos vehículos e mellorar o balizamento e a sinalización.
Vanse construir tres pasos de peóns elevados, vaise reparar o firme co fresado e posterior reposición con asfalto en quente, vanse renovar as sinalizacións horizontal e vertical e vanse colocar bandas transversais de alerta e novas balizas.