O educador canino Diego Álvarez centra esta semana Podcans en dúas cuestións: as características do can como especie e as características do seu comportamento en xeral, xa que dependendo da raza evidenciará unhas ou outras en maior ou menor medida.
A grandes liñas, xa que podes escoitar as explicacións no podcast de PontevedraViva Radio; como especie, os cans son animais altriciales, isto é requiren desde que nacen un proceso de aprendizaxe. Son animais sociais, territoriais e xerárquicos. É un depredador colaborativo, neoténico e ten a capacidade de ter unha relación intersubjetiva co home, é dicir, ter vínculos.
En canto ao temperamento, pódese enumerar máis dunha ducia de características: a actividade, o vigor, a estabilidade, a capacidade de concentración, a sensibilidade física e psíquica, a timidez, a elasticidade, a atención, a solidez, etc... Para interesados en maior profundización nesta cuestión do programa, Diego Álvarez recomenda o libro 'Adestramento canino cognitivo emocional' de Carlos Alfonso López García.
De igual forma tamén responde a unha consulta enviada ao mail do programa, podcans@gmail.com sobre a comunicación canina. E para completar, a imaxe con que se acompaña estes podcast corresponde esta vez a Lupa e os seus catro cachorros, que aínda non cumpriron dous meses. Lupa é sociable con gatos, algo menos con humanos e os cachorros vanse a esterilizar en breve. Quen poida estar interesados na súa adopción ou acollida han de remitirse á Asociación Cadeliños e chamar ao 722 614 875.