Marín recupera a senda e o entorno da praia da Ribeira
Por Redacción
Cun investimento duns 70.000 euros, o Concello de Marín vén de rematar as obras de mellora e acondicionamento da contorna da praia da Ribeira.
Esta zona atopábase bastante degradada desde o punto de vista medioambiental e era necesario, tal e como se acordara cos veciños, realizar unha actuación que mellorase ese entorno, que facilitase a baixada a esta praia e a unión entre os núcleos habitados.
Ademais, buscábase evitar que o mar, sobre todo nos invernos, vaia erosionando a costa.
O resultado dos traballos, segundo o goberno municipal, é moi satisfactorio. A partir de agora estudaranse novas actuacións para seguir dotando de comodidades o ámbito desta praia.
En breve se iniciarán tamén as obras relativas ó sostemento do muro en Casás, na zona máis pegada á estrada autonómica, xa que corre perigo de desprendemento e polo tanto faise necesario actuar á maior brevidade.