Nova concentración de protesta do persoal do centro de saúde de Baltar
Por Redacción
A Plataforma Pola Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo participou este xoves xunto co persoal do centro de saúde de Baltar nunha concentración en protesta pola situación que atravesa o servizo de atención primaria.
Nesta serie de concentracións que se levan a cabo en Sanxenxo todos os xoves ao mediodía pídese máis tempo de adicación ós pacientes, facilidade de acceso a consultas de especialistas, reducción de listas de espera, e recitación de consultas anuladas.
Tamén solicitan que se sustitúan a tempo completo, o persoal médico e de enfermaría cando falten e que o profesional sanitario sustituto "veña por oito horas e non o contraten só por catro".
Outra denuncia recurrente é a falta de mantemento e sustitución de aparellos sanitarios e mobiliario, "os cales tardan en reparar e, cando xa non serven, tardan en sustituilos", segundo a plataforma.