"Xamais abandonarei un compañeiro que precise axuda"
Por Redacción
"Xamais abandonarei a un compañeiro que precise axuda". Con esta premisa que, ademais, dado o contexto, é toda unha declaración de intencións, o Cuartel Xeral da Forza Terrestre faise eco dos adestramentos que está a realizar a Brigada Galicia VII, Brilat, no Centro Nacional de Adestramento de San Gregorio, en Zaragoza.
Estas manobras da Brigada nada teñen que ver coas misións simultáneas que están a realizar en Líbano e Mali nin co ataque terrorista sufrido a pasada fin de semana no país africano, pois xa estaban programados con antelación dentro do calendario de preparación de toda unidade militar española, pero inevitablemente estes días todos teñen moi presente o ocorrido.
Eses adestramentos difúndeos, como é habitual, o Cuartel Xeral da Forza Terrestre a través das súas redes sociais, nas que se fan eco dunhas manobras que inclúen formación para os militares da Brilat por terra, mar e aire.
Para adestrarse para un despregamento ou intervención na auga, o Rexemento de Cabalería Farnesio 12 da Brilat atravesou o río Ebro en colaboración co Rexemento de Pontoneros de Zaragoza. Para prepararse para unha misión que implique despregamento aéreo, vehículos do Rexemento Farnesio 12 realizaron un exercicio conxunto cos helicópteros tigre das Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra ( FAMET).
Os adestramentos, realizados ao longo desta semana, tamén se complementaron cun traballo conxunto coas unidades que a partir do próximo mes de maio relevarán aos militares da Brilat na súa misión en Líbano. Así, o BIP Toledo do Rexemento Príncipe número 3 da Brilat con sede en Asturias fixo entrega de varios vehículos blindados ao Batallón de Cazadores de Montaña 66, o Batallón de Zapadores XII e o Grupo Loxístico XII para a súa preparación ante o seu próximo despregamento en zona de operacións no país asiático.
Relacionadas:
-
A UE outorga o seu máximo recoñecemento a catro militares da Brilat pola súa reacción ante un atentado en Mali
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O regreso dos últimos soldados da Brilat en Mali, aprazado ao sábado por complicacións cos permisos de sobrevoo
Por Natalia Puga |
-
Militares da Brilat retornan das súas misións no Líbano e Mali
Por Redacción |
-
O PP pedirá no pleno o recoñecemento aos soldados da Brilat que abortaron un acto terrorista en Mali
Por Redacción |
-
Firme compromiso do xeneral da Brilat coa mellora da educación en Líbano
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O día a día da misión da Brilat en Mali
Por Redacción |
-
A rápida actuación dos soldados da Brilat evitou mortes no ataque terrorista sufrido en Mali
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Ataque terrorista no centro de adestramento de Mali onde está despregada a Brilat
Por Natalia Puga |