A Lama analiza as primeiras propostas veciñais para o novo plan de mobilidade
Por Redacción
Membros do equipo redactor do plan de mobilidade urbana sustentable da Lama, acompañados polo alcalde, Jorge Canda, celebraron varios obradoiros de traballo con veciños do municipio para estudar diversas propostas de humanización.
Así, xurdiu para o seu debate a redacción dun plan especial de humanización do entorno do consistorio e a Alameda coa intención de deixar nunha plataforma á mesma altura a convivencia harmonizada entre os peóns e os vehículos.
Outra das iniciativas baralladas polos asistentes, persoas relacionadas co tecido asociativo do municipio, consistiu na posibilidade de crear unha ruta de sendeirismo e carril-bici entre Ponte Caldelas e A Lama tendo como referencia de paso o lugar da Fraga.
Estas xuntanzas continuarán durante os próximos días.
Tamén se procedeu a facer unha enquisa previa sobre hábitos de mobilidade e se recolleu todas aquelas ideas que os veciños, entidades e asociacións quixeron presentar.