Como motivar as persoas maiores a facer deporte?
Por Oskar Viéitez
Motivar ás persoas maiores cara a práctica deportiva e de actividade física é o obxectivo central do proxecto europeo In Common Sports.
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte desenvolverá este estudo no Concello de Sanxenxo, onde celebrará en setembro unha das diferentes competicións deportivas para maiores que, de aquí a 2020, se irán levando a cabo nos países participantes.
Estas serie de competicións estarán integradas por actividades comúns vinculadas a diferentes disciplinas deportivas, pero á súa vez incluirán tamén xogos e actividades tradicionais de cada un dos países.
Institucións académicas e municipais de Portugal, España, Italia, Hungría e Bulgaria forman parte deste proxecto que promoverá o desenvolvemento de programas de actividade física e competicións deportivas dirixidas á persoas maiores nestes cinco países.
O proxecto busca tamén afondar neses factores que contribúen a que os maiores teñan un gusto pola práctica deportiva e que esa práctica se traduza nunha mellora da súa saúde e da súa calidade de vida.