A Xunta adxudica a Marconsa as obras da segunda fase na estrada PO-531, na Devesa
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por máis de 420.000 euros as obras da segunda fase de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada autonómica PO-531, na Devesa, no concello de Pontevedra.
As actuacións serán acometidas pola empresa construtora Marconsa S.L., e o inicio das obras nesta estrada que comunica Pontevedra con Vilagarcía, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+250, está previsto para antes do verán.
O obxectivo desta actuación é reducir a velocidade de circulación para o que se define a execución dunha glorieta de 44 metros á saída deste núcleo.
Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado que se conectará coa vía principal da Devesa e permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección no punto quilométrico 6+620.
A intervención supón darlle continuidade ao acordado cos veciños para a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-531 e iniciada coa execución do acceso ao polígono de Sequeiros, no Concello de Barro.
A Xunta está tamén a piques de rematar a reformulación do proxecto de mellora da seguridade noutro tramo desta estrada, que tivo que refacerse practicamente na súa totalidade para atender novas peticións dos veciños de Barro.
Relacionadas:
-
Conclúen as obras de construción da nova rotonda da PO-531
Por Redacción |
-
Aproban a expropiación de 25 leiras para construír unha senda peonil na PO-531
Por Redacción |
-
18 empresas aspiran á reforma da PO-531, no lugar da Devesa
Por Redacción |
-
O DOG publica a urxente ocupación dos bens afectados pola rotonda da PO-531, na Devesa
Por Redacción |
-
Aproban a construcción dunha rotonda para reducir a accidentalidade da PO-531 na Devesa
Por Redacción |