María Rey esixe mellorar a iluminación do novo parque infantil de Campolongo
Por Redacción
A iluminación que acompaña ao novo parque infantil de Campolongo, situado fronte á entrada principal das piscinas, é insuficiente. Así o denunciou a portavoz de Cidadáns, María Rey, que esixe ao goberno municipal que solucione esta carencia.
Farao a través dun rogo que presentará ao próximo pleno da corporación, para que se corrixa a imaxe "lúgubre" que existe nesta zona.
"Cando se fai un parque infantil hai que pensar en que, no inverno, ás cinco da tarde xa é de noite", explicou a edil a formación laranxa, que engadiu que "non sei a que hora pensa o BNG que van xogar os nenos".
Rey lembra que Cidadáns leva queixando "desde hai tempo" que Pontevedra é unha cidade que "está escura", o que ao seu xuízo comporta riscos de seguridade cidadá "e Campolongo é un bo exemplo".