VÍDEO.- O día a día da misión da Brilat en Mali
Por Redacción
O ataque terrorista sufrido na madrugada do sábado 23 ao domingo 24 no Centro de Adestramento Koulikoro en Mali no que traballa o continxente militar español destacado no país africano, entre eles soldados da Brilat, puxo de novo o foco de interese nesta misión internacional de España. No marco desa atención espertada por todos os detalles do traballo dos soldados españois, o Exército de Terra lembrou nun vídeo como é o seu día a día na zona de operacións.
O vídeo, rescatado de hai xa un tempo, permite coñecer como é a actuación dos militares en Mali e asimilar como traballan os efectivos da Brigada Galicia VII Brilat despregados desde o pasado mes de novembro. En concreto, hai uns 170 militares da base pontevedresa como parte da misión EUTM Mali XIII, integrada por un total 300 militares españois.
O obxectivo principal da misión é o de dar resposta ás necesidades operativas ás forzas armadas malianas mediante formación e asesoramento en mando e control, apoio loxístico e recursos humanos, así como formación en dereito internacional humanitario, protección de civís e os dereitos humanos.
Ademais, os militares españois contribúen, a petición de Mali e en coordinación coa misión multidimensional integrada de estabilización das Nacións Unidas en Mali ( MINUSMA), ao desarmamento, a desmobilización e o proceso de reintegración incluídos no acordo de paz, mediante a realización de sesións de formación para a reconstrución das forzas armadas de Mali.
O vídeo completo sobre o seu traballo pode consultarse na canle de Youtube do Exército de Terra.
‘EUTM Mali, en el corazón de África’ estamos orgullosos del duro trabajo de nuestros #soldados. ¡Nuestro apoyo! @eutmmali1
— Ejército de Tierra (@EjercitoTierra) 25 de febrero de 2019
Apóyales también con tus comentarios…
Vídeo: https://t.co/77E5DRzTQW pic.twitter.com/QIQI3iJuPw
Relacionadas:
-
A Brilat desfilará polos Campos Elíseos no Día da Festa Nacional de Francia
Por Natalia Puga |
-
Defensa abre un proceso selectivo para militares profesionais, con prazas na Brilat e a Escola Naval
Por Redacción |
-
O regreso dos últimos soldados da Brilat en Mali, aprazado ao sábado por complicacións cos permisos de sobrevoo
Por Natalia Puga |
-
O PP pedirá no pleno o recoñecemento aos soldados da Brilat que abortaron un acto terrorista en Mali
Por Redacción |
-
"Xamais abandonarei un compañeiro que precise axuda"
Por Redacción |
-
A rápida actuación dos soldados da Brilat evitou mortes no ataque terrorista sufrido en Mali
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Ataque terrorista no centro de adestramento de Mali onde está despregada a Brilat
Por Natalia Puga |