Edugal incluirá un torneo de LOL e unha exhibición de Fortnite
Por Oskar Viéitez
A feira de oferta formativa Edugal, que terá lugar do 27 de febreiro ao 1 de marzo, incorporará como novidade desta edición un torneo de videoxogos. Consulta aquí o programa completo.
En concreto, o mércores 27 e o xoves 28 de febreiro, entre as 16.30 e as 19 horas, está programados un torneo de LOL (Leage of Legends) e unha exhibición de Fortnite. Estas actividadaes desenvolveranse en colaboración con PCBox e Gaming Troop Pontevedra.
Ademais Edugal acollerá unha exposición centrada nas mulleres galardoadas pola súa achega nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía co premio Josefa Wonenburger.
Aempe, entidade organizadora deste evento, espera a visita de máis de 5.000 estudantes para esta oitava edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, que contará con 54 casetas e as distintas facultades, entidades sociais e escolas profesionais participantes organizarán charlas e actividades paralelas para achegar a súa oferta ao alumnado.
Na feira estarán representadas as tres universidades galegas xunto a centros de Formación Profesional (FP) e Secundaria.
Relacionadas:
-
A científica Alicia Estévez Toranzo impulsa a vocación feminina cara á ciencia e á tecnoloxía
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Reclaman unha titulación sobre creación de videoxogos para o campus de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Edugal abre as súas portas para ofrecer ao estudantado as posibilidades formativas do futuro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Edugal 2019 contará coa intervención da microbióloga Alicia Estévez Toranzo, premio Wonenburger
Por Redacción |