O Concello acelera con Costas os trámites para desafectar os estacionamentos do pavillón
Por Redacción
As dúas parcelas situadas entre o río Lérez e o pavillón municipal, actualmente destinadas a estacionamento disuasorio, camiñan cara a súa desafectación.
O Concello acelerou os trámites diante de Costas para que estes terreos, que actualmente son de dominio marítimo terrestre, pasen a ser de xestión municipal.
A Xunta de Goberno tomou coñecemento de que as dúas parcelas situadas na rúa Xoán Manuel Pintos non se atopan inscritas no Rexistro da Propiedade e comprométese a manter o uso actual. Este escrito será remitido a Costas para avanzar na tramitación do expediente.
Esta declaración parte de conversas previas entre o Concello de Pontevedra e Costas. Os trámites céntranse nestas dúas parcelas por ser un expediente máis sinxelo de tramitar que o do resto de terreos da Xunqueira nos que hai outras administracións ou entidades implicadas.
O resto de parcelas incluídas dentro do expediente irán polas canles normais.
Relacionadas:
-
O Concello tramita a mellora de aparcadoiros afectados por Costas e a creación do Parque da Dignidade
Por Anxo Lourido |
-
Costas desafectará os terreos para ampliar a praia fluvial de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Piden a Costas desafectar o ámbito do pavillón de deportes e gran parte da Xunqueira
Por Alejandro Espiño |