Ponte Caldelas ten en carteira a reparación de 17 camiños
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ponte Caldelas ven de asinar coa empresa Nexia os contratos e as actas de replanteo para o asfaltado e reparación integral de 17 camiños.
Estes viais están repartidos polos lugares de Santana (Buchabade), Silvoso de Arriba, Silvoso de Abaixo, Baltar, Coveliño, Forzáns de Arriba, Forzáns de Abaixo, O Coto (Caritel), Laxoso de Abaixo, O Lombo (Cuñas), Avecil (Cuñas), Taboadelo e, finalmente, Rebordelo.
As actuacións previstas abranguen máis de 14 quilómetros e constitúen "o maior contrato de melloras de accesos no rural na historia recente de Ponte Caldelas".
Ademais, o Concello está xa en fase de adxudicación doutro paquete de accesos rurais con outros 100.000 euros que, segundo o Goberno local, "vai supor un antes e un despois na mobilidade rural do municipio".