O PP quere que se investigue se Poio está a pagar polo lixo recollido noutros concellos
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Poio ten fundadas "sospeitas" de que os veciños deste municipio están a pagar polo lixo que se está recollendo noutros concellos polo que pedirá que se investigue á empresa Valoriza, concesionaria actual do servizo de recollida de residuos no municipio.
O portavoz local do PP, Ángel Moldes, compareceu este luns en rolda de prensa cos datos oficiais da Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sogama nos que se reflicte que "Poio é o concello que peor xestiona o lixo na provincia". Durante o 2018 Poio foi o municipio no que máis aumentaron os envíos de lixo a Sogama, concretamente se máis de 256,12 toneladas, "máis que o que incrementaron Pontevedra e Vigo xuntas".
Poio tamén aumentou a bolsa negra un 3,62% isto son "17 veces máis que a media de toda a provincia", indicou Moldes "son uns datos demoledores", que ao seu xuízo, "non se poden xustificar sinalando ao crecemento da poboación co turismo".
Como "agravante" o portavoz popular lembrou que os veciños de Poio pagan "o recibo do lixo máis caro da provincia", 122 euros ao ano, cando a recollida non ten a mesma frecuencia en todos os núcleos.
Os populares sospeitan que este incremento "que non é normal" na cantidade de lixo recollido "non se debe aos veciños de Poio" senón que os camións de recollida de Valoriza "chegan medio cargados a Poio" sen baleirar previamente o lixo que recolleron noutros municipios como Marín ou A Illa de Arousa e "continúan facendo a recollida en Poio e dospois cando van a planta de Ribadumia súmase o que ven doutros concellos co que se recolleu en Poio".
"Nós case estamos seguros pero preferimos que o concello abra unha investigación", sinalou Moldes.
Relacionadas:
-
O PP proporá ao Pleno de Poio a rescisión do contrato coa empresa encargada da recollida do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Unha auditoría confirma "numerosas deficiencias e irregularidades" no servizo de recollida de lixo en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio trasladará á Fiscalía todas as irregularidades no contrato de lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra incrementou nun 1.52% o envío de lixo a Sogama desde 2015
Por Alejandro Espiño |
-
O PP acusa o alcalde de Poio de insultar aos veciños cando di que se pagan poucos impostos
Por Redacción |
-
O Concello de Poio argumenta contra as "falsas" acusacións do PP sobre a recollida de lixo e defende o servizo
Por Redacción |