Arranca a segunda edición do Banco de libros de texto coa reunión cos centros de ensino
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Benestar Social Municipal mantivo este mércores unha reunión cos centros de ensino do concello que participarán na segunda edición do Banco de libros, que arranca este mércores coa información trasladada aos responsables dos centros e das anpas.
As peticións que se fan nesta edición son libros de terceiro de Primaria en diante (tamén Bacharelato e FP). A Concellaría ten coñecemento de que este curso aínda se producirán cambios de libros nalgúns centros, de todos os xeitos se recollerán porque puideran servir para outros colexios.
Moitas anpas de centros de ensino fan este traballo dende hai anos, polo que a maioría aceptou coordinarse co Concello para realizar un traballo conxunto. Polo tanto, nestes centros de ensino serán as anpas as que recollan os libros e no resto, serán os propios colexios quenes o fagan.
A Concellaría acordou centralizar en Casazul este labor, tanto de entrega como de recollida.
A Concellaría procurará que a maioría dos libros estean repartidos no mes de xullo, aínda que se fagan recollidas e se completen lotes no mes de setembro. A Concellaría de Benestar pasará por todos os centros de ensino o 28 de xuño para recoller tanto os libros donados como as peticións das familias.
Na reunión deste mércores estaban presentes representantes dos Centros de Educación Infantil e Primaria: A Carballeira, Barcelos, Cabanas, Campolongo, San Martiño, Marcón, Marcos da Portela, Santo André de Xeve, San Benito de Lérez, Xunqueira II, Xunqueira I, Ponte Sampaio, Manuel Vidal Portela e Álvarez Limeses.
E dos Institutos de Ensino Secundario Xunqueira II, Sánchez Cantón, Valle Inclán e Frei Martín Sarmiento.
Aínda que non pudieron acudir sí confirmaron a súa participación no banco do libros os Colexios Froebel (a través da Anpa), Príncipe Felipe e Vilaverde-Mourente, e os Institutos Gonzalo Torrente Ballester e Luís Seoane.
Relacionadas:
-
Quen vive aí? Máis de 120 persoas acoden diariamente á Casa Azul
Por Oskar Viéitez |
-
O Banco de libros entrega 3.224 manuais a 846 familias
Por Redacción |
-
800 familias solicitan participar no Banco de Libros de Texto
Por Diego Espiño |
-
Co fin de curso volve o Banco de libros da Rede Axuda
Por Oskar Viéitez |
-
Unha estrela "cultural e reivindicativa" para dar a benvida ao Concello
Por Redacción |