Sanxenxo mellora o acceso ao parque da Panadeira e ao colexio Abrente
Por Redacción
Dúas actuacións de reforma urbana permitirán mellorar o acceso a dous equipamentos de Sanxenxo, o parque da Panadeira e o colexio Abrente.
O goberno municipal investirá 39.000 euros na reforma da rúa Constitución, pola que se accede ao parque. Unificarase a estética urbanística da zona, empedrando o chan e terminando así coas fochancas e beirarrúas rotas deste viario.
A actuación abarca unha extensión de 380 metros cadrados e espérase que mellore, humanice e modernice o acceso ao novo parque da Panadeira, cuxas obras terminarán nos próximos días.
Ademais, tamén comezaron as obras do Camiño de Barbeito, un viario cun alto uso diario polas persoas que acceden por el ao colexio Abrente.
Debido ao uso e ao paso dos anos atopábase moi deteriorado, con grandes fochancas e roturas no pavimento que formaban charcos e dificultaban o paso do tránsito rodado.
Nun primeiro momento só se ía a renovar o pavimento pero, unha vez estudada a situación da rede de abastecemento de auga, substituirase a rede e instalarase recollida de pluviais, cos seus correspondentes sumidoiros.
Relacionadas:
-
Unha festa infantil inaugurará oficialmente o parque da Panadeira
Por Redacción |
-
Sanxenxo compra unha parcela para ampliar os accesos á praia da Panadeira
Por Redacción |
-
Concentración en Sanxenxo contra a reforma do parque de Panadeira
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma do parque da Panadeira avanza mentres aumenta a oposición veciñal
Por Redacción |