Desaloxan unha familia polo incendio dun almacén en Banda do Río
Por Redacción
O 112 Galicia informou dun incendio nun almacén dunha empresa de carpintería en Banda do Río, en Bueu.
Sucedeu sobre as 22:00 horas do martes e obrigou a desaloxar aos tres membros dunha familia que residen no inmoble lindeiro, tras resultar afectado polo fume provocado.
Afortunadamente non houbo que lamentar feridos nin danos persoais porque o local estaba baleiro.
Foi unha persoa particular quen, a esa hora, puxo en alerta ao 112 Galicia que, enseguida, avisou aos Bombeiros do Morrazo e á Policía Local.
O lume quedou controlado ao redor das once da noite.