Costas rectificará o plano de deslinde en dous tramos do litoral de Marín
Por Oskar Viéitez
O Servizo de Costas estimou un recurso de reposición do deslinde e agora abre un expediente de rectificación en dous tramos de costa nos bens de dominio público marítimo-terrestre no termo municipal de Marín.
Tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ábrese un período de información pública dun mes para que calquera interesado poida comparecer no expediente, examinar o plano de delimitación provisional da zona de dominio público e da servidume de protección e formular as alegacións que considere.
Unha copia do expediente poderá ser examinada no Servizo Provincial de Costas de Pontevedra.
LOIRA
As concelleiras de turismo e de medio ambiente do Concello de Marín visitaron este martes a praia de Loira, onde se está realizando a retirada da area do paseo. Ademais comprobarón as actuacións necesarias para acondicionar o entorino para a Semana Santa.