Ponte Caldelas prepárase para a época de baño fluvial
Por Redacción
Ooperarios do Concello de ponte Caldelas procederon a sacar da canle do río Verdugo grandes troncos que ameazaban a seguridade dos bañista na zona habilitada para tal fin na área recreativa da Calzada. O enorme porte dos exemplares caídos sobre o leito do río obrigou os operarios municipais a empregar unha pa retroescavadora para poder izar os madeiros e despexar a zona próxima á presa.
A persistente presenza de chuvias nos pasados meses e o arrastre de achegas de material vexetal e pétreo ao río Verdugo motivou que os operarios do Concello de ponte Caldelas tivesen que empregarse a fondo estes días para deixar totalmente expelida a zona habilitada para baño na área recreativa da Calzada.
Unha máquina retroescavadora e un dúmper, así como o uso de motoserras, foron necesarias para liberar ao río de grandes troncos de árbores caídos durante as enchentes do río Verdugo e que ameazaban a seguridade dos bañistas na zona.
Os operarios están a apurar os días previos á apertura oficial da tempada de baño para acondicionar e reparar o mobiliario urbano afectado polas enchentes. Así, farois, papeleiras e xogos infantís están a ser revisados e postos a punto para o desfrute dos numerosos usuarios que, en tempada estival, se achegan ata esta incomparable paraxe natural do río Verdugo. Así mesmo repúxose a area nas zonas de xogos e na pista de voleibol.
REVISIÿN DO PARQUE BIOSALUDABLE
Tamén foron revisados varios elementos que compoñen o parque biosaludable, así como as instalacións alí existentes como a cancha de voleibol-praia, a mesa de tenis, o quiosco e os aseos para garantir o seu correcto funcionamento para cando se estableza a nova tempada de baño, a mediados do presente mes de xuño. Instaláronse os valos, aínda que algunha delas non poderá colocarse ata que baixe o nivel do río.
Para eses días, o Concello de ponte Caldelas, disporá tamén do obrigado socorrista que, grazas aos plans de cooperación da Xunta de Galicia, estará a disposición dos usuarios para velar pola seguridade dos bañistas.
Ademais, traballadores contratados a través do Plan de Emprego de la Deputación de Pontevedra están a proceder a acondicionar a zona, a realizar traballos de limpeza e mantemento do paseo.