Portonovo atrasa a Festa da Raia para que non coincida coas eleccións xerais
Por Redacción
A 34 edición da Festa da Raia de Portonovo cambia de datas. Tras a convocatoria electoral por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa celebración atrásase unha semana.
En lugar dos días 27 e 28 de abril, data prevista inicialmente, a Festa da Raia terá lugar o 4 e o 5 de maio, segundo acordaron o Concello de Sanxenxo, a asociación O Can de San Roque, Entretendas e o Consorcio de empresarios turísticos de Sanxenxo.
A decisión adoptouse ao entender que a celebración das eleccións reduciría a afluencia de visitantes nesa fin de semana, ao ter que votar nas súas respectivas cidades.
O goberno municipal traballa para que a 34 edición da Festa da Raia supere a celebrada en 2018 coa inclusión no programa de melloras nas actividades tradicionais, que inclúe a festa gastronómica e mariñeira de Portonovo.