O BNG cre que o proxecto do parque acuático de Meis "é fume electoral"
Por Redacción
"O proxecto do parque acuático 2019 é fume electoral para captar votos xogando coa desesperación da xente". Así o di o BNG de Meis que acusa ao Partido Popular de "sacar á luz presuntos grandes proxectos, en vésperas de eleccións municipais".
Os nacionalistas esixen ao alcalde José Luis Pérez que cumpra coa súa palabra "de ter un parque acuático funcionando en Meis no verán do 2019, con 80 postos de traballo para os veciños do concello, ou que recoñeza públicamente que foi unha promesa electoral sen visos de realidade".
Por iso solicitan ao alcalde que faga unha convocatoria pública cos empresarios e promotores da obra para "disipar todas as dúbidas" respecto do proxecto e na que atendan ás preguntas da veciñanza.