A Xunta convoca 10 novos permisos de explotación para marisqueo a pé en Raxó
Por Olaya Madrigal
A Consellería do Mar, dacordo coa compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos, convoca 10 novos permisos de explotación para marisqueo a pé en Raxó.
Para optar a eles, os solicitantes deberán cumprir os requisitos establecidos no Decreto 425/1993, no cal se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira, así como presentar toda a documentación requerida pola Consellería.
As convocatorias estarán dispoñibles para o seu visionado na páxina web da Consellería, a través do seguinte enlace: Raxó. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. As solicitudes deberán presentarse, xunto coa restante documentación, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, preferiblemente. Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.