A partir do 14 de xuño establécese o sentido único de circulación no vial de praias de Marín
Por Redacción
Como todos os anos por estas datas, o concello de Marín establece o sentido único de circulación en todo o vial de praias dende Portocelo a Gago de Mendoza. Esta medida abordarase a partir do 14 de xuño ata o 15 de setembro. Establécense os mesmos accesos e saídas de anteriores veráns.
REPARACIÿN DE PARQUES INFANTÍS
Once parques infantís de Marín están a ser revisados para que estean en perfectas condicións durante o verán. Cun investimento de case 5.000 euros, o concello iniciou unha fase de mantemento e reparacións coa finalidade de que se garanta o perfecto estado de todas as instalacións.
As reparacións consistirán en repoñer pezas rotas ou en mal estado, cambiar parafusos e tapóns que se encontraban en mal estado, ademais de revisar as ancoraxes ao chan, reposición de tramos de valos, limpeza e diversos arranxos nas zonas de xogos.
Os parques infantís que se están a revisar son o do Centro cultural de Mogor, Terreo de Briz-Parque infantil Ladera, o Paseo Alcalde Blanco, a Alameda de Marín, o Parque Guren, Cantodarea, Portocelo, A Pastoriza, ademais dos biosaudables da Cañota, Portocelo e do Paseo da Avenida de Ourense.