Tres persoas feridas en dous accidentes de tráfico en Cambados e Portas
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas de distinta consideración en dous accidentes de tráfico rexistrados nos municipios de Cambados e Portas.
O primeiro dos accidentes tivo lugar este sábado en Corbillón, Cambados. Segundo informaron desde a Agrupación de Protección Civil, víronse implicados un coche e unha motocicleta. Como consecuencia do accidente resultou ferido nunha man J. C. G., un home de 29 anos que conducía a motocicleta. O ferido tivo que ser evacuado ao Hospital do Salnés.
No segundo dos sinistros, dúas persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios en Portas ao chocar dous coches na autoestrada AP-9, no punto quilométrico 115 en sentido a Pontevedra, preto das 22.30 horas deste sábado, segundo informaron oficialmente desde o 112 Galicia.