A Garda Civil detén un mozo de Caldas de Reis polo roubo nunha frutería en Vilanova de Arousa
Por Redacción
A Garda Civil detivo a un veciño de Caldas de Reis, de 20 anos, como presunto autor dun roubo que se cometeu o ano pasado nunha frutería situada nunha céntrica rúa de Vilanova de Arousa.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos remóntanse ao mes de agosto do pasado ano que foi cando o propietario da frutería denunciou que lle roubaban a máquina rexistradora, despois de forzar a porta do establecemento.
A inspección ocular realizada no seu día no interior do local polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, foi fundamental para a investigación. As análises realizadas polo Laboratorio de Criminalística da Garda Civil sobre os vestixios que se localizaron no establecemento permitiron a posterior identificación e detención do presunto autor.
Trátase dun mozo, veciño de Caldas de Reis, que a pesar da súa curta idade xa ten un amplo historial delituoso por feitos similares. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer cando sexa requirido.La Guardia Civil detiene a un joven de Caldas de Reis por el robo en una frutería en Vilanova de Arousa.