Arde o camión guindastre dunha aseguradora na peaxe de Curro
Por Redacción
O camión guindastre dunha compañía de seguros quedou calcinado tras arder na peaxe da autoestrada AP-9 en Curro, no enlace da autoestrada coa o Autovía do Salnés.
O suceso tivo lugar sobre as dúas e media da tarde deste venres.
Afortunadamente, non se rexistraron danos persoais.
Segundo informou o 112 Galicia, foi Autoestradas quen deu o aviso para extinguir o lume.
Para a extinción mobilizouse aos Bombeiros do Salnés ademais da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Barro.