Evacuada unha persoa tras incendiarse unha vivenda en Vilaxoán
Por Redacción
Unha persoa era evacuada con síntomas de intoxicación debido á inhalación de fume este mediodía en Vilaxoán, no municipio de Vilagarcía de Arousa. Ao redor das 12.00, varios particulares chamaron ao servizo de Emerxencias 112 Galicia para alertar do incendio urbano dunha vivenda de Sobrán na Lagoa.
O fume chegaba a saír polas xanelas da casa e a propietaria atopábase no exterior da vivenda solicitando axuda para apagar as lapas.
Desde o Servizo de Emerxencias avisábase aos Bombeiros de Vilagarcía, á Policía Nacional e á local, ademais da os voluntarios de Protección Civil do municipio.
Os bombeiros lograron apagar as chamas e confirmaron que o incendio se había orixinado no salón da vivenda, que calcinaba por completo a estancia. Ademais, o resto da vivenda quedaba totalmente afectada polo fume. Ata o momento, non han transcendido as causas que provocaron o lume.
Foi necesario que os servizos sanitarios trasladasen a unha persoa ata o Hospital do Salnés para que fose atendida por inhalación de fume, segundo informa o 112 Galicia.