Alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego xa traballan en 11 fontes, lavadoiros e sendeiros de Moraña
Por Redacción
Os alumnos-traballadores do Obradoiro de emprego Ulla Umia III se incorporaban este venres para realizar varios traballos no municipio de Moraña como prácticas da súa formación e que consisten en acondicionar dous sendeiros peonís nos regos de Catañosa, Gundeiro e Cornide, ademais da restauración de 11 fontes e lavadoiros municipais.
Trátase de estudantes de albanelería que se encargarán de desmontar os vellos teitos dos lavadoiros das parroquias de Laxe e Lamas para comezar con traballos de carpintería. Unha acción na que estivo presente a alcaldesa Luisa Piñeiro.
Ao longo dos vindeiros meses se rehabilitarán os lavadoiros de Penagrande, A Pallota, Casal e Lamas; os pilóns de Cartamil e Cerdeiras e os fontelavadoiros de Vilacoba, Chaián de Arriba, Barosela e Cosoirado.
Ademais vai acondicionarse o sendeiro que pasa polas parroquias de Amil, Rebón e San Lourenzo, ademais do camiño de Saiáns e Gargantáns, coa eliminación de eucaliptos, mimosas e acacias para plantar especies autóctonas e de ribeira.