Habilitan unha zona de aparcadoiros para afrontar a primeira fase de obras en Concepción Arenal
Por Redacción
O goberno local de Marín recoñece que aínda quedan algúns trámites por finalizar para acometer a primeira fase das obras na rúa Concepción Arenal, no tramo entre o límite co municipio de Pontevedra ata a intersección coa rúa José Trasande.
Desde o Concello sinalan que é necesario aclarar algunhas das cuesiones que foron solicitadas pola veciñanza. En todo caso, o goberno de María Ramallo espera que nos próximos días, tras revisar os informes que se acheguen, se adopte a decisión de establecer unha data para o inicio destes traballos.
Como previsión, está a habilitarse unha zon de aparcadoiro nuns terreos particulares que ceden o seu uso. Desta forma, o Concello espera ofrecer unha alternativa aos problemas para estacionar que xeren as obras.
Tamén desde a administración local queren, nos próximos días, asfaltar e pintar as zonas de aparcadoiro que se recuperarán na avenida de Ourense.
As obras desta primeira fase foron adxudicadas á empresa Oresa e o importe das dúas fases de desenvolvemento da actuación é de 1.615.136 euros.
PARQUE EGUREN
O goberno local, ademais, licitou as obras de mellora da zona de xogos no Parque Eguren. Instalaranse diversos xogos infantís, un peche perimetral e un novo pavimento de caucho.
O orzamento alcanza os 161.472 euros e os traballos está previsto que os acometa a empresa Jardincelas.
Tamén está previsto que, en breve, finalice a actuación no Camiño de San Blas, que conecta dúas zonas ofrecendo unha saída á PO-551.
O orzamento supera os 41.726 euros e a execución dos traballos corresponde á empresa COVSA.
Relacionadas:
-
Marín prepara un aparcadoiro provisional na rúa República Arxentina
Por Redacción |
-
As obras do primeiro tramo da rúa Concepción Arenal empezarán "nos próximos días"
Por Oskar Viéitez |
-
Aberto o aparcadoiro alternativo en Cantodarea con 100 prazas
Por Redacción |
-
A reforma da rúa Concepción Arenal en Cantodarea acometerase en dúas fases
Por Oskar Viéitez |
-
O concello consensúa cos veciños de Cantodarea a reforma dá rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |
-
En marcha os traballos para habilitar unha parcela de aparcadoiro público en Concepción Arenal
Por Redacción |