Reforman o edificio de usos múltiples de Portas
Por Redacción
O alcalde de Portas Víctor Estévez acompañaba este venres á directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís na visita ás obras que se realizaron neste municipio con investimentos da Xunta de Galicia.
Desta forma, as melloras levadas a cabo no edificio que se denomina 'Casa do Médico' e na rede de saneamento de Igrexa-Briallos. A Xunta achegou unha axuda de máis de 25.000 euros para acometer as obras no edificio multiusos. O inmoble construíuse en 1937 e con estas reformas así se poden levar a cabo actividades que se encadren nas iniciativas dos servizos sociais do Concello.
Os representantes das administracións autonómica e local tamén se achegaron ata as obras da rede de saneamento en Igrexa-Briallos, que contou cunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental de preto de 32.000 euros.
Fernández-Tapias lembrou que a convocatoria das axudas foi publicada o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia para conceder 14 millóns de euros para as entidades locais.